|
“Presentación
dos resultados do Plan de Formación ORPAGU 2008 e propostas para o ano
2009”. |
|
|
O pasado xoves 18, tivo lugar na sede da Organización
de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), a “Presentación dos resultados do
Plan de Formación ORPAGU 2008 e propostas para o ano 2009”.Contou coa
asistencia dos alcaldes da Guarda, O Rosal e Oia, ademais dos Técnicos
Locais de Emprego da Guarda, Tomiño, e Oia, representantes políticos,
sindicais, representantes de ABACO, ACIGU e ERGUETE, patróns e armadores
de pesca, e outros asistentes interesados.
Comezou o acto a Xerente de ORPAGU, Dª Juana Parada Guinaldo, agradecendo a presenza das autoridades e sinalando que dita presentación e froito da colaboración que veñen mantendo ORPAGU e INFORMATICA SAN BENITO en materia de investigación e formación que deu como resultado o desenrolo dunha “Acción Complementaria” e un “Contrato Programa” que constaba de 4 cursos específicos para o sector do mar. A
continuación D. José Manuel Domínguez Freitas, Alcalde de A Guarda, indicou
que a formación e fundamental nestes tempos de crises, e puxo como exemplo
o pasado Obradoiro de Emprego (noticia que saíu na prensa o pasado xoves
18/12/08). Tamén valorou positivamente a importancia de iniciativas coma
a de ORPAGU e INFORMATICA SAN BENITO, por fomentar a formación, engadindo
que o Concello ten as portas abertas para este tipo de iniciativas. -
Que a realidade das ocupacións teña un reflexo na oferta da formación
profesional autonómica. D. Lino Lema Bouzas, Xefe del Servizos de Estudos Pesqueiros da Consellería de Pesca, destacou e felicitou a ORPAGU polos cursos realizados destacando os de Novas Tecnoloxías e fixo incape na necesidade fundamental da formación a medida, por sectores, ademais do interesante do novo estudo proposto para conseguir que a formación sexa o mais axeitada posible para os profesionais do sector. Sinalou que dende a Consellería de Pesca, teñen cabida proxectos innovadores coma este desenrolado por ORPAGU e INFORMATICA SAN BENITO. A continuación D. Pedro Rodríguez, Consultor de Formación de Informática San Benito, comentou os resultados do Contrato Programa ORPAGU 08, así como comentou as propostas para o Contrato Programa Formativo do 2009, no que destacou a aposta por a continuación dos cursos do 2008 e como novidade, o curso de “Seguridade Integral de Buques: Identificación de factores de risco nun barco de pesca”.
Acabou D. José Bernardo Rodríguez González, Xefe do Servizo de Seguridade Marítima de Vigo. Comentou algunhas anécdotas sobre temas do mar, e falou sobre un dos cursos propostos para o novo plan formativo, que vai a tratar de temas de seguridade nos barcos, conceptos como a estabilidade, incendios, abordaxes e aspectos legais. Dª. Juana Parada Guinaldo, Xerente de ORPAGU, clausurou o acto, e invitou a os asistentes a un viño galego.
|
|