| Xornadas de Difusión das Accións Complementarias 2007-2008 | |
|
Día
30 de Setembro
11:30h
- 12:30h.: O día 30 de Setembro, celebrouse en Santiago de Compostela, unha xornada de difusión onde se presentaba o estudo realizado por ORPAGU en colaboración con Informática San Benito. |
|
| Este
estudo realizase co fin de aportar unha base esencial para o desenvolvemento
dos sectores económicos estratéxicos da Comarca do Baixo Miño e de toda
a estrutura económica en xeral da Comarca. O estudo parte dunha profunda
análise global da situación socioeconómica da Comarca abordando cuestións
como: territorio, recursos, demografía, actividade empresarial, mercado
de traballo, formación e indicadores sociais, concluíndo cun completo
diagnóstico das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO)
da Comarca.
Dito estudo de investigación, ademais de aportar datos reais da situación na que se atopan as empresas, a evolución tecnolóxica, o impacto da evolución do mercado, a realidade cotiá dos traballadores, tamén permite paliar os impactos negativos que sobre a competitividade e o emprego xeran estas transformacións ao poder desenvolver unha planificación racional da oferta formativa axustada ás demandas específicas da formación. En resumo, a necesidade de ter unha información actualizada e estruturada sobre o estado actual da formación e das necesidades formativas no ámbito territorial do Baixo Miño, é o motivo que levou a OR.PA.GU. a desenvolver o presente estudo, co fin de aproveitar ao máximo e por en valor os recursos endóxenos da Comarca e, a súa vez, acadar unha maior eficiencia no aproveitamento dos recursos destinados polas empresas e as distintas institucións á formación dos traballadores.
|
|